h1

 

Na actualidade, a organización administrativa do Servizo segue o deseño dos espazos físicos de hospitalización. Desta forma considéranse 4 seccións, denominadas MIR1, MIR2, MIR3 e Enfermidades Infecciosas, en razón da área do Hospital onde se sitúa a súa Área de Hospitalización.

O persoal actual do Servizo está composta por:

 

Persoal Facultativo:

Con esta distribución, o persoal médico total constitúena:

1 Xefe de Servizo

MIR1: 1 Xefe de Sección, 4 Facultativos Especialistas de Área

MIR2: 4 Facultativos Especialistas de Área

MIR3: 1 Xefe de Sección, 5 Facultativos Especialistas de Área

Enfermidades Infecciosas, 1 Xefe de Sección, 3 Facultativos Especialistas de Área

Médicos Residentes en Medicina Interna

6 Facultativos en período de formación

 

Persoal de Enfermaría:

Na actualidade o persoal de Enfermaría distribúese en dúas áreas: Hospitalización e Consultas Externas.

En Hospitalización distribúense segundo a Sección Administrativa:

MIR 1: 1 Supervisora, 14 Enfermeiras

MIR2: 1 Supervisora, 14 Enfermeiras

MIR3: 1 Supervisora, 14 Enfermeiras

Unidade de Infecciosas: 1 Supervisora, 14 Enfermeiras

Con este persoal as 3 plantas de hospitalización MIR1, MIR2 e MIR3 teñen quendas de enfermaría iguais: 3 ou 4 persoas na quenda de mañá, segundo necesidade; 3 persoas no de tarde e 2 no de noite.

Pola súa banda, a Unidade de Infecciosas comparte Unidade de Hospitalización co Servizo de Dixestivo. A distribución de camas é aproximadamente ao 50% polo que podemos considerar que o persoal dedica o 50% do seu tempo a esta actividade.

En Consultas Externas o persoal é:

2 Enfermeiras Xestoras de caso, 1 Enfermeira na área de Medicina Interna, 1 Enfermeira na área de Medicina Interna - Enfermidades Infecciosas.

Todas elas traballan en quenda de mañá. As 2 Enfermeiras Xestoras dispoñen de Consulta propia con axenda propia. As Enfermeiras da área de Medicina Interna dá soporte á totalidade das Consultas. A Enfermeira na área de Medicina Interna- Enfermidades Infecciosas combina o soporte á Consulta coa Xestión e formación de casos.

 

Persoal Auxiliar de Enfermaría:

Na actualidade o persoal Auxiliar de Enfermaría distribúese en dúas áreas: Hospitalización e Consultas Externas.

En Hospitalización distribúense segundo a Sección Administrativa:

MIR 1: 10 Auxiliares de Enfermaría

MIR2: 10 Auxiliares de Enfermaría, 14 Enfermeiras

MIR3: 10 Auxiliares de Enfermaría

Unidade de Infecciosas

10 Auxiliares de Enfermaría

Con este persoal as 3 plantas de hospitalización teñen quendas de enfermaría iguais: 3 ou 4 persoas na quenda de mañá, segundo necesidade; 2 persoas no de tarde e 1 no de noite.

Pola súa banda, a Unidade de Infecciosas comparte Unidade de Hospitalización co Servizo de Dixestivo. A distribución de camas é aproximadamente ao 50% polo que podemos considerar que o persoal dedica o 50% do seu tempo a esta actividade.

En Consultas Externas o persoal é:

1 Auxiliar de Enfermaría en MedicinaInterna Xeral

1 Auxiliar de Enfermaría na área de Medicina Interna- Enfermidades Infecciosas.

Ambas traballan en quenda de mañá e dan soporte á totalidade das Consultas.

 

Persoal Administrativo:

O Persoal Administrativo adscrito ao Servizo son 3 persoas a tempo completo e unha persoa ao 50% do seu tempo.

As 3 persoas a tempo completo traballan na área Administrativa do Servizo de luns a venres e, de media, un sábado de cada 4. A persoa que dedica o 50% do seu tempo traballa nunha Área física distinta, correspondente á Unidade de Infecciosas.

 

 

​​​