h1

Lugo, venres 19 decembro de 2014.- Tres especialistas da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos realizarán proxectos de investigación sanitaria avalados e con axudas económicas da Fundación Ramón Domínguez para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación Biosanitaria.

O comité de avaliación da Fundación Ramón Domínguez, de acordo coas bases da convocatoria de axudas de proxectos de investigación biomédica na Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, e unha vez analizada toda a documentación aportada polos candidatos, decidiu conceder tres axudas económicas para levar a cabo proxectos de investigación a tres especialistas da provincia: os doutores Carlos González Juanatey, Pablo Ignacio Varela Centelles e Rafael Golpe Gómez.

O proxecto de investigación liderado polo doutor Carlos González Juanatey, xefe do Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, versará sobre a utilidad de la ecografía carotidea en el diagnóstico de la enfermedad arterial coronaria y su posible valor pronóstico en pacientes con dolor torácico sometidos a ecocardiografía de esfuerzo.

Pablo Ignacio Varela Centelles, especialista en Odontoloxía no Servizo de Atención Primaria da Praza do Ferrol, realizará un proxecto de investigación para abordar os conocimientos sobre cáncer oral y enfermedad periodontal en Galicia.

Finalmente, a Fundación Ramón Domínguez concedeu tamén unha axuda ao doutor Rafael Golpe Gómez, especialista do Servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, para estudiar a repercusión cardiovascular e respiratoria de la exposición al humo de biomasa (Estudio LAREIRA).

A Fundación Ramón Domínguez para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación Biosanitaria​ naceu en xaneiro de 2013 trala fusión da Fundación IDICHUS, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e da Fundación FIDI- Xeral Calde, do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. Polo tanto, o seu ámbito de actuación son as Xerencias de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Dita Fundación ten por obxectivo fundamental impulsar a investigación, a docencia, o desenvolvemento científico e a innovación sanitaria nas Xerencias de Xestión Integrada da súa influencia, promovendo proxectos, como os citados anteriormente, que potencien a investigación e a innovación como ferramenta principal de mellora no ámbito sanitario. Neste senso, a Fundación Ramón Domínguez actúa como soporte de diversos grupos de investigación en todas as fases da cadea de valor da investigación biomédica.