A especialidade de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía ocúpase do estudo, desenvolvemento, conservación e restablecemento da forma e a función das extremidades, a columna vertebral e as súas estruturas asociadas, por medios médicos, cirúrxicos e físicos.
En consecuencia, o médico especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatología, é o facultativo capacitado para identificar os problemas incluídos na definición precedente, recoñecelos nos seus mecanismos básicos e seleccionar para a súa resolución os medios clínicos, técnicos e sociais dispoñibles na comunidade co adecuado criterio e rigor técnico. Estará tamén dotado para asumir as tarefas de docencia e investigación no campo da especialidade a que autorice a normativa vixente. Os médicos especialistas en COT agrupáronse en sociedades dedicadas ao estudo e desenvolvemento da especialidade, como son a SOGACOT (Sociedade Galega), SECOT, Federación europea de sociedades COT, EFFORT. Tanto a SECOT como a SOGACOT admiten e promoven que os médicos residentes sexan membros asociados. Existen diversas vantaxes na subscrición, revista, cursos básicos e premios específicos. Cremos recomendable asociarse á SECOT e SOGACOT e participar nos seus congresos co envío de traballos científicos.