h1

Conta coa seguinte estrutura:

a) Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Da xerencia dependerán as seguintes subdireccións:

– Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

– Subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía.

– Existe unha Coordinación de Admisión, con nivel orgánico de xefatura de servizo, que depende directamente do xerente. Asume as funcións de admisión, arquivo e documentación clínica así como as de coordinación da atención ao/á paciente e traballo social.

b) Dirección Asistencial:

– Dirección de Atención Primaria.

– Dirección de Atención Hospitalaria.

– Dirección de Procesos de Soporte.

– Dirección de Enfermaría.

Conta con dúas subdireccións médicas, a unha das cales lle corresponde as competencias en materia de prestación farmacéutica, así como tres subdireccións de enfermaría, unha das cales desenvolve as competencias en materia de atención á cronicidade.

c) Dirección do Distrito Sanitario da Mariña. Conta cunha Subdirección Asistencial.

d) Dirección do Distrito Sanitario de Monforte de Lemos. Conta cunha Subdirección de Enfermaría.

e) Dirección de Recursos Económicos. Desta dirección depende unha Subdirección da Área de Recursos Económicos.

f) Dirección de Recursos Humanos. Desta dirección depende unha Subdirección da Área de Recursos Humanos.

g) Comisión de Dirección.

h) Consello de Dirección da Área.

i) Comisión de Atención Primaria da Área.

j) Comisións específicas, de creación facultativa, docencia e investigación, calidade, seguridade, atención á cidadanía, ou outros ámbitos de interese para a xestión sanitaria. Estas comisións crearanse mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que establecen súa composición, funcións e adscrición.

Enlaces relacionados Enlaces relacionados