h1

Marcando o número 902 077 333, vostede entra en contacto co "Teléfono único do SERGAS", servizo de atención á cidadanía a través do que terá acceso a múltiples servizos e trámites do sistema sanitario galego:

     

       - Pedir cita para ser atendido no seu centro de saúde

       - Solicitar a anulación ou retraso de citas hospitalarias

       - Solicitar atención telefónica por parte de profesionais sanitarios

... e máis servizos que estarán á súa disposición en breve.

 

 

Rápido, sinxelo e barato
 
O teléfono 902 077 333, é un número fácil de memorizar, e ademais de darlle acceso rápido e sinxelo ao servizo que vostede precisa, apenas ten o custo dunha chamada local.
 
Vostede entrará en contacto cunha central de atención telefónica, na que un amplo equipo de profesionais e sistemas tecnolóxicos de última xeración estarán á súa disposición para facilitarlle o acceso ao sistema sanitario sen perda de tempo.
 
Non obstante, en cada provincia este servizo está conectado a un número telefónico convencional, ao que, tamén poderá chamar para aproveitar as vantaxes da tarifa que teña contratada coa súa compañía telefónica.
 
Estes números son:

 

        - provincia de A Coruña: 981952950

        - provincia de Ourense: 988398350

        - provincia de Lugo: 982269893

        - provincia de Pontevedra: 986806350

As 24 horas do día, os 7 días da semana

O Servizo telefónico está operativo de continuo, as 24 horas do día, os 7 días da semana.
 
Proporciona cobertura a toda a poboación galega, para calquera centro sanitario.