- Ser centro de referencia para toda a provincia nas áreas de coñecemento relacionadas co laboratorio clínico.
- Potenciar a xestión da demanda, aplicando criterios de adecuación e dunha práctica baseada na evidencia.
- Política de mellora continúa seguindo o camiño xa consolidado da Acreditación Norma ISO 15189:2012, paulatina de todas as áreas do laboratorio até conseguir a implantación e desenvolvemento integral da calidade total de todos os procesos analíticos.
- Optimizar a seguridade clínica do paciente minimizando os erros do laboratorio para reducir os riscos asistenciais.
- Enfoque cara á xestión integral do laboratorio como ferramenta para controlar se a organización consegue os seus obxectivos estratéxicos e corrixir, no seu caso, as súas desviacións.
- Consolidación da docencia, investigación e formación continuada como ferramentas fundamentais que achegan valor engadido ao proceso asistencial.
- Provisión de información sobre o valor semiolóxico da metodoloxía e sobre os requisitos do paciente, especímenes e mostras necesarios para asegurar a validez dos resultados.
- Emisión de ditames cos resultados validados, interpretados e no seu caso, comentados, complementando a información producida e garantindo e transmitindo a calidade do proceso completo.
- Consultoría sobre o valor semiolóxico e interpretación das probas analíticas para potenciar os labores de asesoría diagnóstica.
- Mellorar a adecuación na solicitude das probas potenciando o uso daquelas con maior poder discriminatorio diagnóstico.
O Servizo de Análises Clínicas contempla uns valores que sempre consideramos básicos para conseguir unha harmonía nas relacións cos nosos usuarios e entre nós mesmos
En esencia son os seguintes: