h1

DOCENCIA PREGRADO DE MEDICINA

No ano 2011, a Comisión Mixta Santiago-Sergas, materializou a colaboración que xa viña realizando coa Universidade de Santiago de Compostela, co recoñecemento oficial de Hospital Universitario. O que nos permitiu a implantación das Prácticas Clínicas aos alumnos dos últimos cursos de Medicina.


Os alumnos completan os programas de estudos dos cursos 4º, 5º e 6º coa realización das prácticas clínicas desde os meses de Setembro a Maio.


Ademais acóllense as prácticas en período non lectivo (meses de verán), que oferta a Facultade de Medicina de Santiago aos seus alumnos.

DOCENCIA PREGRADO DE ENFERMARÍA


En Colaboración coa Escola de Enfermaría de Lugo recíbense alumnas de 2º, 3º e 4º curso de grao de Enfermaría para a realización de dicha Prácticas.


Tamén se contemplan a realización de prácticas Clínicas de alumnos doutras Escolas de Enfermaría que teñan convenios subscritos coa Consellería de Sanidade.


DOCENCIA PREGRADO DOUTRAS ÁREAS
       Óptica
       Traballo Social
       Fisioterápica
       Farmacia
       Química
       Etc

 

ALUMNOS DE FÓRA DA COMUNIDADE

Alumnos universitarios de Facultades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (regúlanse pola orde 13 de novembro de 2007)