h1

  

  • Ser centro de referencia para toda a provincia nas áreas de coñecemento relacionadas co laboratorio clínico.
 
  • Potenciar a xestión da demanda, aplicando criterios de adecuación e dunha práctica baseada na evidencia.
 
  • Política de mellora continúa seguindo o camiño xa consolidado da Acreditación Norma ISO 15189:2012, paulatina de todas as áreas do laboratorio até conseguir a implantación e desenvolvemento integral da calidade total de todos os procesos analíticos.
 
  • Optimizar a seguridade clínica do paciente minimizando os erros do laboratorio para reducir os riscos asistenciais.
 
  • Enfoque cara á xestión integral do laboratorio como ferramenta para controlar se a organización consegue os seus obxectivos estratéxicos e corrixir, no seu caso, as súas desviacións.
 
  • Consolidación da docencia, investigación e formación continuada como ferramentas fundamentais que achegan valor engadido ao proceso asistencial.
 
  • Provisión de información sobre o valor semiolóxico da metodoloxía e sobre os requisitos do paciente, especímenes e mostras necesarios para asegurar a validez dos resultados.
 
  • Emisión de ditames cos resultados validados, interpretados e no seu caso, comentados, complementando a información producida e garantindo e transmitindo a calidade do proceso completo.
 
  • Consultoría sobre o valor semiolóxico e interpretación das probas analíticas para potenciar os labores de asesoría diagnóstica.
 
  • Mellorar a adecuación na solicitude das probas potenciando o uso daquelas con maior poder discriminatorio diagnóstico. 
 


O Servizo de Análises Clínicas contempla uns valores que sempre consideramos básicos para conseguir unha harmonía nas relacións cos nosos usuarios e entre nós mesmos

 

En esencia son os seguintes: 


 
  • A comunicación


 
  • O compromiso


 
  • O respecto


 
  • A responsabilidade