h1

A sala de doazón do Hospital Lucus Augusti atópase na 4ª planta (fronte ás escaleiras mecánicas do acceso principal) e o seu horario é de luns a venres de 8:00 a 15:00

pinga.jpg

Tamén existen puntos móbiles de doazón de sangue, pode consultar a programación das unidades móbiles de doazón do Centro de Transfusión de Galicia

¿Quen pode doar?

Para ser doante é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 18 e menor de 65 anos.
- Pesar máis de 50 Kg.
- Informarse sobre a SIDA e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco
- Non padecer hepatite ou convivir con pacientes que o padecesen no últimos seis meses.
- Non padecer enfermidades infecciosas con febre e/ou tratada con antibióticos no últimos quince días.
- Non residir no últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.
- Non estar embarazada nin dar a luz no últimos nove meses.
- Calquera dúbida sobre estes requisitos, outras enfermidades ou medicamentos deberá consultar co médico que atende aos doantes.