A Medicina Intensiva é unha especialidade, que ten como obxectivo a vixilancia e o tratamento do paciente, cuxa vida está en risco dunha evolución fatal, por presentar un proceso fisiopatolóxico grave e potencialmente recuperable, e cuxo correcto tratamento precisa da súa atención en áreas de asistencia específica.
Baséase na Fisioloxía aplicada, desenvolve unha atención global e continuada do paciente, e é realizada por un equipo sanitario (médico e persoal de enfermaría) coa aplicación dunha ampla tecnoloxía.
A actividade da Medicina Intensiva desenvólvese esencialmente (pero non exclusivamente) nas Unidades de Coidados Intensivos (U.C.I.)
Os pacientes que deben ingresar na U.C.I. son aqueles que reúnen tres características principais:
Atópanse nunha situación con risco presente ou potencial de perigo de morte.
Sofren un proceso patolóxico reversible.
O seu estado basal é aceptablemente bo.
Poderíase definir o motivo de ingreso dun paciente en UCI, como aquel que mellora a mortalidade / morbilidade do paciente respecto ao ingreso nunha habitación de hospitalización.
Tamén se pode definir como motivo de ingreso, cando calquera facultativo do hospital demanda o traslado dun paciente a U.C.I. e un facultativo de coidados intensivos acéptao.